Na primavera de 1982, Sara, unha muller xermano-oriental, nai de dúas nenas, Silvia e Sabine, vive e traballa na cidade de Erfurt, onde vai contraer matrimonio co seu colega, Peter. Ao acto civil vai acudir o seu pai, que vive na Alemaña occidental. Pero sofre unha grave indisposición e a Sara non lle conceden o permiso para ir velo. O seu pai morre e tampouco consegue autorización para asistir ao enterro. Así é como Sara comeza a planear saír do seu país para sempre. Intenta fuxir coas súas fillas co pretexto dunhas vacacións en Romanía, pero o servizo secreto detena. Sepárana das súas fillas, descobre que Peter a traizoara e acaba no cárcere. Cando sae da cadea, obrígana a asinar a renuncia das súas fillas e Sara comeza unha loita sen descanso para recuperalas, despois de seren entregadas a unha familia de acollida co visto e prace de Peter.